A Asociación Mar de Santiago ten fixada a meta de converterse nun referente turístico en Galicia e para iso está a seguir unha folla de ruta pola que acaba de captar máis de 4,3 millóns de euros en fondos da senda financeira FEDER a Plans de Actuación Integrados dunha inversión total de case 7,3 millóns de euros que se suman aos 1,7 millóns de euros para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, PSTD, “Mar de Santiago: un percorrido marítimo-fluvial”, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea e aos 170.000 euros do convenio correspondente a este 2025 coa Axencia Turismo de Galicia.