A banda de jazz Sumrrá celebra o seu 25 aniversario co lanzamento do seu oitavo álbum, Revoluti8n , que os levou nada menos que á India. Con xiras por catro continentes e centos de concertos ás costas na súa residencia na Casa das Crechas, é unha das bandas máis lonxevas do panorama musical galego, e tampouco dá sinais de querer parar. Falamos co seu contrabaixista, Xacobe Martínez Antelo, para saber como viviron este ano máxico, que teñen pensado de cara ao futuro... e se nos pode revelar o segredo que agocha esta música que segue a atrapar xente de todas as idades e credos.