Os Premios Bazán apostan por un futuro en igualdade

A fundadora da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, Rosa Fontaíña; a responsable da Naviera Mar de Ons, Silvia Torres, e a pintora Menchu Lamas son tres mulleres referentes que procuran, co exemplo da súa carreira, crear un futuro en igualdade. Como recoñecemento, recibiron onte cadanseu Premio Emilio Pardo Bazán no País das Rías (cuarta edición), polo seu feminismo e liderado. Os galardóns impulsados polo FARO DE VIGO e o Concello de Vigo tiveron na tardiña deste luns a súa gala no auditorio de Afundación.