A actualización do Plan especial de Protección Civil ante o risco sísmico na Galiza, o Sismigal, identifica seis concellos aos que a Xunta recomenda dotarse dun plan municipal específico fronte a terremotos. O Sismigal recoñece que o país é considerado zona de risco moderado con posíbeis danos limitados.