Xosé Gago: "En 'Agora, eu cariota' hai poemas que transitan máis o íntimo e outros máis o colectivo"

Xosé Gago (Compostela, 1984) presenta Agora, eu cariota (Laiovento), un poemario que se nutre da súa propia experiencia como técnico cultural no concello da Pobra do Brollón (Terra de Lemos). Mañá e o domingo, Compostela e Trasmonte acollerán, respectivamente, a presentación desta obra, que é o debut literario do autor.