O Sergas ten que indemnizar un menor ao que lle denegou ir acompañado a unha proba durante a que sufriu a fractura do cranio

O maxistrado destaca que a radióloga non lle permitiu á nai entrar á sala, a pesar de que advertiu de que o neno, de 11 anos, estaba “moi nervioso”. Afirma que, se a demandante accedese, é probábel que o doente “estivese máis tranquilo, non incorrendo no comportamento errático que produciu a lesión”