A programación de Nadal do Concello de Vilaboa intensifícase a partir de hoxe, 19 de decembro, cunha axenda que ven cargada de actividades pensadas para o entretemento de toda a familia, a cultura e a celebración do espírito festivo característico destas datas. Os eventos principais estenderanse ata a véspera de Reis, coa gran Cabalgata.