'Abrir Ferrol ao mar' limítase a rebaixar a altura do muro que separa a cidade da ría

Un acto institucional deu esta sexta feira inicio ás obras do proxecto 'Abrir Ferrol ao Mar', que contempla a redución de altura do muro que separa a cidade do Arsenal Militar e que impide ver o mar á veciñanza. A preservación dunha parte desta muralla que continuará separando a urbe e tapando o mar é considerado por parte da veciñanza como "insuficiente". Aliás, un informe negativo de Patrimonio cuestiona a xestión do proxecto.