Os últimos datos do IGE e da Axencia Tributraria reflicten un incremento do salario medio na Galiza que, porén, non chega por igual a todos os sectores produtivos nin a todas as persoas por igual. Os sectores tradicionalmente máis precarizados seguen a ser os peor retribuídos e a fenda de xénero é unha realidade. As retribucións máis baixas son as que perciben as traballadoras do sector dos coidados e do lecer, onde se incrementa a precarización.