«As Neves»,o filme galego rodado na Fonsagrada e dirixido pola viguesa Sonia Méndez, impactou na carteleira española pola especial ollada para captar o mundo adolescente. Nunca antes unha película galega se fixara unicamente na rapazada dende os seus puntos de vista. Sony tomou nota do traballo da realizadora e encargoulle levar ao cinema «Boulevard», a saga de novelas para público xuvenil que se converteu nun fenómeno literario mundial asinado por Flor M. Salvador.