Tras unha tempada cando menos irregular para o sector marisqueiro chegan as festas de Nadal, unhas datas nas que se adoita aumentar o seu consumo nos fogares galegos á par que soben os prezos. A pesar de todo, non faltará o produto estrela nos menús de Noiteboa. Días antes das festas subiron os prezos de moitos produtos, o que adiantou as compras para conxelar o produto antes de consumilo.