O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, enfrontou esta semana a cuarta e quinta xornada de folga do curso académico. Os dous días de mobilización certifican o malestar dunha parte significativa da comunidade educativa coa súa xestión e a incapacidade para acordar cos sindicatos que suman a maioría da representación do profesorado. Porén, non é a única fronte aberta.