A Eira da Xoana celebra o solsticio de inverno cunha xornada en Agolada

A partir deste domingo 21 de decembro os días comezan a medrar e desde esta fundación nacida a partir da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) queren celebralo cunha xornada na propia Eira da Xoana, en Ramil, concello de Agolada, comarca do Deza.