O entroido galego busca recuperar o zamarreiro de Valdeorras

O Entroido galego leva anos recuperando figuras esquecidas. O merdeiro en Vigo é un exemplo. Prohibido por orde dun bando municipal nos anos 20 do pasado século volveu troulear polo Casco Vello vigués a partir do 2006 para crecer cada ano en presenza. Da ignominia, tamén se recuperaron os baldréus de Silleda que reapareceron nas rúas de Trasdeza no 2023. Agora, o investigador vigués-ourensán Paco Vidal confía en que o mesmo aconteza en Valdeorras cos zamarreiros. O primeiro chanzo é a publicación dun libro sobre estes coa editorial viguesa Ir Indo.