De concheiro a aula ambiental da man da Eira da Xoana

En xullo de 2024 e a través dun micromecenazgo, a Fundación Eira da Xoana mercou no concello lucense de Barreiros unha finca no entorno da Fraga de Santo Estevo do Ermo. A parcela, duns 5.000 metros, foi adquirida por 6.000 euros, pero o seu valor simbólico e patrimonial é moito maior.