O tizón de Nadal, unha tradición que une distintas xeracións ao redor do fogo

A queima do Tizón é unha das tradicións máis relevantes dentro da antropoloxía do Nadal popular galego. Trátase dun acto ancestral que deixa atrás unha época, purifica a lareira e aviva a relación co lume, elemento que envolve as festividades na Galiza. Esta segunda feira en concellos como Barro xa lle prenderon lume.