Laura Caneira: "Inspírame o que me rodea e a natureza da Galiza, como se pode ver nas miñas ilustracións"

A ilustradora Laura Caneira (nada en Caracas, Venezuela, en 1993 e veciña da Estrada) explora a natureza e as tradicións culturais a través dunha mirada íntima coa que transmite a súa relación coa natureza da Galiza, na que leva vivindo gran parte da súa vida. Na súa obra, recupera e reivindica figuras e tradicións da cultura popular. A súa creación 'O Apalpador' ilustra a capa do xornal desta terza feira.