Da fortaleza do Poio á febleza do Burela: o futsal galego chega ao ecuador da tempada

Os catro equipos galegos que compiten na elite do fútbol sala chegan ao paro de Nadal con situacións ben distintas, cun destacado Poio nos postos de cabeza e un debilitado Burela. Nos postos intermedios, o Castro e o Ourense buscan achegarse á zona alta da clasificación.