'Historia visual do RC Celta' (Aira Editorial) é un libro ilustrado que recolle todos os fitos do equipo vigués ao longo de máis de 100 anos de historia. A primeira edición publicouse en 2023, polo centenario do club, e agora César Cequeliños e Jorge Campos, os seus autores, lanzan unha edición actualizada, co novo –e popular– himno incluído.