Millán Fernández: "O PSG actuou tamén como un laboratorio ideolóxico"

O politicólogo e colaborador de Nós Diario Millán Fernández López (Castroverde, 1984) vén de publicar en Companha Editora Unha historia mínima do Partido Socialista Galego, onde analiza o corpo ideolóxico e o labor político desenvolvido polo PSG entre 1963 e 1981.