Felipe VI reivindica o espírito da Transición, négase a condenar o franquismo e garda silencio sobre a corrupción do emérito

O discurso de Felipe VI non se escapou do guión. O monarca fixo da defensa da Constitución e da unidade do Estado o eixo central da súa intervención. O xefe da Casa Real fixo unha louvanza do período da Transición.