O taekwondo galego deixou moitos éxitos este 2025. Un deles foi a medalla de prata no Mundial de Nairobi Sub-21. A protagonista, Carla Sesar, comezará o ano entrando na categoría absoluta e coa satisfacción do traballo ben feito. Tras dela deixa unha traxectoria impresionante desde que comezou cando era unha cativa.