O comité de empresa da planta de Amazon no Porriño ten fixada para xaneiro unha reunión coa compañía para negociar as condicións de traballo ante a "sobrecarga laboral e as fins de semana sen cobrar", malia os millonarios beneficios da firma, denuncian. A folga desta semana parou a actividade en plena campaña de Nadal.