Euskadi e Catalunya farán parte da Unesco, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, como membros asociados e tamén estarán na Organización Mundial do Turismo (OMT). A Galiza ficará á marxe de ambas as dúas organizacións da ONU por decisión do Goberno galego, o que supón fecharse a diversas vantaxes e oportunidades.