Os pasatempos adoitan ocupar un lugar discreto nos xornais, mais nunca foron un contido menor. Resolver un encrucillado, unha adiviña, un sudoku ou un xogo de lóxica é unha forma de lectura activa, de aprendizaxe implícita e de relación coa lingua. 2026 trae unha renovación importante nesta sección, que combina novidades visíbeis coa consolidación dunha idea de fondo: construír unha auténtica cultura de facer pasatempos en galego.