Castelao: o discurso sobre a nenez

Diana Vilas Meis, autora desta reportaxe e da tese de doutoramento Imaxinarios da nenez na obra gráfica de Castelao, analiza desde as colaboracións de Castelao en Vida Gallega (1909) até o remate dos álbums de guerra (Milicianos , en 1938). Vilas Meis defende que o rianxeiro integra un discurso ético e político centrado na infancia, no cal propón unha lectura da nenez en clave de potencialidade: os nenos denotan para Castelao a posibilidade de cambio.