"Xenocidio", Palabra do Ano 2025

A votación popular promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras conclúe con algo máis do 40% dos votos para unha voz de triste actualidade. O termo foi creado en plena II Guerra Mundial por Raphaël Lemkin, supervivente do nazismo.