Castelao e Maside: a Arte Nova. 1930

Castelao e Maside nacen na Galicia atlántica, nas vilas de Rianxo e Pontecesures, centro e cabeceira da ría de Arousa, nos mesmos ritos, nas mesmas músicas. En 1886 e 1897 respectivamente. Proceden da mesma capa social. Forman parte dos escasos fillos da clase traballadora, que no seu tempo, conseguen ascender á cultura. A principios do S. XX a condición de universitario de Castelao é unha anomalía. De modesta familia de ascendencia labrega, Carlos Maside accede á cultura como autodidacta. En 1936, a Historia política os castiga a morrer tras o Exilio: Castelao en Bos Aires en 1950. Maside en Santiago de Compostela en 1958. Todo isto importa.