Manuel María fixo un título que mudou consigna: Andando a Terra . E estes dous mestres de Cambados, Adela Leiro (1954) e Mon Daporta (1952) levárono como norma nas máis de 600 rutas que percorreron durante varias décadas e foron deixando en libros e páxinas da prensa galega, desde A Nosa Terra a Sermos Galiza . Agora, por razóns de saúde, fan un alto no camiño pero podemos seguir servíndonos do seu saber na súa páxina web e tamén nas hemerotecas.