Noia e Parrulo volven verse as caras en competición ligueira despois de tres anos e fano, por vez primeira, na máxima categoría do fútbol sala estatal. Ambos están xa preparados para un derbi histórico no deporte galego, que terá lugar este sábado no pavillón municipal Agustín Mourís de Noia.