Equilibrio entre crecemento e humanidade

Chegamos ao final dun ano intenso, cheo de retos, de traballo compartido e tamén de logros que nos permiten mirar ao futuro con esperanza. O Nadal é tempo de balance, pero sobre todo é tempo de agradecer: á veciñanza de Mos, ao tecido social, empresarial, cultural e deportivo, ás persoas que cada día contribúen a facer deste concello un lugar mellor para vivir.