Nestas datas é momento de estar máis preto das persoas que queremos. Eu quero desexar aos veciños e veciñas de Redondela unhas festas cheas de saúde, ledicia e esperanza. O meu desexo para 2026 é que sexa un ano de ilusión e progreso, e que Redondela siga medrando para facer xuntos un Concello mellor, máis amable e accesible.