Escoitar, acompañar e apoiar

Comezamos un novo ano cheo de ilusión, de retos compartidos e de oportunidades para seguir facendo do Rosal un lugar onde vivir mellor. O 2026 preséntase como un ano para coidar das persoas, fortalecer a convivencia e seguir construíndo o presente e o futuro con proxectos que nos unan e que melloren a vida diaria de cada veciña e veciño. Entre todas e todos medramos cun concello máis xusto, dinámico e solidario, no que a calidade de vida das persoas está sempre no centro; e o compromiso coa sustentabilidade, a cultura, o deporte, a educación e o benestar comunitario guí as nosas accións.