Convocado o XLI Premio Antón Losada Diéguez

Os Concellos de Boborás e O Carballiño, coa colaboración económica da Deputación de Ourense, convocan a XLI edición do Premio Antón Losada Diéguez, un dos certames literarios e culturais de maior prestixio en Galicia. O premio, instituído para fomentar a cultura galega e perpetuar a memoria de Losada, está dirixido a autoras e autores que presenten obras escritas orixinalmente en lingua galega. Non se admiten traducións nin traballos xa premiados noutros certames.