Panxoliñas en Redondela co pensamento no pobo palestino

A música tradicional galega de Nadal volverá soar este luns en Redondela, co pensamento posto no pobo palestino. O Colectivo Propalestino do municipio convoca ás 20.00 horas un acto diante do Concello no que agrupacións musicais da contorna interpretaran una versión da panxoliña «Oliveira Ardendo», recentemente versionada por Mondra, Antía Muíño e Brassica Rapa e dedicada ao pobo palestino. “Oliveira Ardendo” converteuse ademais nestas datas nunha canción amplamente versionada en actos de visibilización, malia que a súa estrea apenas conta con dez días.