A obra ‘A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega’, do médico ourensán Roberto Fernández Álvarez , que traballa no PAC de Allariz, é a gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025, que organizan a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega. O galardón está dotado con 3.000 euros e a publicación do libro. Fernández foi distinguido en 2022 co Premio Blanco Amor pola novela ‘A inmoral doutora Cons’. Obtivo ademais o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2017, pola súa monografía ‘Enfermos pobres, médicos tristes’.