Uxía Caride: "O asociacionismo é o único camiño para construír un futuro colectivo no audiovisual"

Uxía Caride (Vigo, 1986) repasa o último ano da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) tras lograr o XIV Premio José Sellier. Segundo a xerente da asociación, o financiamento, a globalización ou os novos modelos de consumo son algúns dos retos que terá que afrontar nos próximos tempos o audiovisual galego.