O Consello da Cultura súmase á RAG e tamén avala a restitución do Himno galego

De igual modo que nas últimas semanas fixo a RAG, o Consello da Cultura Galega vén de avalar por medio dun novo informe solicitado polo Parlamento da Galiza –onde foi rexistrado a semana pasada para o seu estudo– a restitución do Himno galego que apoian arredor de 16.000 asinantes dunha ILP que en 2023 foi debatida, sen éxito –pola oposición de PP e PSdeG–, na propia Cámara.