Juanma Marrube: "Temos que pór todos os nosos esforzos, este club está por riba de todo"

Juanma Marrube (Alfoz, 1979) é o novo adestrador do Reyco Burela FS. O técnico regresa ao club laranxa despois de dirixir o Black Pearl United da Primeira División de Tailandia. O mariñao é unha figura especialmente relevante para un club no que deixou pegada como xogador e como adestrador, cargo que agora ocupa de novo.