O porcino galego perdeu este mes 6 millóns de euros pola caída dos prezos pola peste

Hai un mes da aparición en Catalunya dos primeiros casos de peste porcina en xabarís. Aínda que na Galiza non se detectou ningún, os efectos sobre o mercado galego marcan unhas perdas de 1,5 millóns de euros cada semana deste mes de decembro. Os produtores apostan por “buscar alternativas” de cara a 2026.