O Celta entrará esta semana no mercado de fichaxes con moito traballo por diante. Marco Garcés ten media ducia de deberes durante o próximo mes, que implican chegadas e saídas de xogadores, renovacións e algún que outro axuste no vestiario. Tamén ten unha conversa pendente con Claudio Giráldez.