O rural cobra un papel protagonista no último poemario da autora paramesa Lorena Souto

Lorena Souto (O Páramo, 1983) vén de sacar do prelo 'Exuvia e saliva' (Chan da Pólvora, 2025), unha obra que recolle a experiencia de 'Coleópteros', publicado na mesma editorial en 2018, para profundar nas outras linguaxes do rural galego, na familia e nun ecosistema que a autora coñece ben.