O libro que «ilumina desde Ourense a internacionalidade da gaita»

O principal manual para quen comeza a tocar a gaita e quere aprender moitas das cancións tradicionais cunha guía de partituras acada a 39 edición. O anuario da gaita é ademais un instrumento de divulgación cultural. Na súa recente actualización recolle novidades como investigacións sobre a gaita en Romanía por Fritz Schneider; crónicas do XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas; unha homenaxe aos 40 anos da Escola e Real Banda de Gaitas ao servizo da provincia de Ourense; ou recensións sobre novidades editoriais e audiovisuais do eido tradicional.