A Xunta non acepta 'Nós Diario' no reparto das axudas públicas á prensa

O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou onte a resolución da convocatoria de axudas a empresas xornalísticas que cada ano convoca a Xunta da Galiza. La Voz de Galicia volve ser a máis beneficiada e Sermos Galiza, a empresa editora de Nós Diario, non figura entre as mesmas.