Pontón afea o discurso «triunfalista» de Rueda en Fin de Ano, reflexo dun Goberno «en punto morto»
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou que a mensaxe de Fin de Ano do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fose un discurso «triunfalista» e «afastado da realidade», reflexo dun goberno «en punto morto e sen ambición de país».