Alberte Sánchez Regueiro: "O obxectivo dos nosos manteis para hostalaría é divulgar o Reino da Galiza á sociedade"

O deseñador gráfico e fotógrafo Alberte Sánchez Regueiro (Cerceda, 1973) presentou este Nadal a nova creación do estudio Distrito Xermar: mantelaría histórica para gozar da gastronomía destas datas mentres se aprende a historia do Reino de Galiza. Esta iniciativa de manteis para a hostalaría co mapa da Galiza do Medievo foi recoñecida no marco do Fondo de Proxectos Culturais do Reino da Galiza que convoca a Deputación da Coruña. Destaca Sánchez Regueiro que son manteis concibidos como unha ferramenta de difusión cultural accesíbel, rigorosa e integrada na vida cotiá.