A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anunciou este 2 de xaneiro que a poeta Eva Veiga será a protagonista da XXXII edición da homenaxe 'A Escritora na súa Terra', que decorrerá en Pontedeume no mes de xuño de 2026 como recoñecemento á súa traxectoria vital e á súa amplamente valorada obra literaria.