Na Coruña quedan aínda uns poucos días para visitar a mostra que dá conta dos 50 anos de existencia da Escola de Arquitectura, a única pública e galega. Ademais do valor da efeméride desde o punto de vista académico, na exposición atopamos unha multiplicidade de personalidades vinculadas á escola que destacan no campo da edificación e en moitos outros. Isto demostra que este aniversario merece tamén un recoñecemento cultural, político e social.