«Quen fora en romería ó San Payo da Estrada/ pol-os vellos camiños que a Santiago levaban!». Literatura, fotografía, arte e sobre todo, moito inxenio. As páxinas dos libretos do San Paio ao longo do século pasado están cargadas de memoria. Nelas non só poden lerse os diferentes alcaldes e comisións organizativas, senón as actividades que se programaban para entreter á veciñanza, a linguaxe empregada e o cambio do discurso ao longo das diferentes etapas políticas que viveu o país, e con el a vila.