O Auditorio da Galiza, Compostela, acolleu esta terza feira o tradicional concerto de Reis da Real Filharmónica da Galiza, no cal a música clásica se uniu ao teatro para reinterpretar o conto da Cincenta, sendo unhas das primeiras veces na que a historia da princesa é contada en galego. A proposta escénica estivo dirixida pola dramaturga Lorena Conde e foi levada ao escenario polas actrices Lidia Veiga e Belén Constenla.